A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, ofrece catro contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do mes da Biblioteca Pública que se celebra o próximo 24 de outubro.
Así, este martes 10 de outubro ás 18:00h, será o truno de “Este queixo queixolán”: Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada! Sesión de contos, arrolos, cuantos e ladaíñas para bebés da man de Pavís Pavós.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de ou a 3 anos, acompañados dunha persoa adulta. Ao longo do mes de outubro terán lugar os outros contacontos dos que proximamente se informará.
Para participar é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.
HORARIO DE INVERNO Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona
Desde o pasado día 15 de setembro o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona retomou o horario de inverno de luns a venres de 09:00 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os sábados o servizo estará aberto 09:30a 13:30.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal