Baiona poderá gozar durante esta fin de semana de varias funcións teatrais da man do Circuito Gallego de Teatro Amador. Esta actividade está enmarcada dentro da programación de outono realizada pola Concellería de Cultura .
A primeira das actividades terá lugar hoxe ,14 de outubro, no auditorio municipal V Centenario ás 20:00h. Trátase de un espectáculo de microteatro que contará coa interpretación de Hipócrita Teatro (Mitoloxía para Ignorantes), de Porta Aberta Teatro (A Dous Cadaleitos de Ti) e Lohengrín Teatro (Terra).
O sábado, 15 de outubro, o mesmo escenario acollerá ás 20:00 horas “Clowncertazo” de Falcatrueiros Monterroso.
O domingo, 16 de outubro, ás 12:00 horas o Auditorio volverá acoller una nova función baixo o título “D’FUNCIÓN” do Teatro Antas de Ulla. E pola tarde ás 19:00 horas Fauna 113 interpretará “Os veciños do lado”.
O Circuíto Galego de Teatro Amador da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) consiste nunha programación de catro funcións teatrais por sede. Este catro espectáculos son repartidos por toda Galicia. Desta forma, preténdese que as compañías actúen fora do seu círculo xeográfico. Ademais, esta iniciativa promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal