–O festival celebrouse con todos os seguros e medidas de seguridade obrigatorias
O Concello de Baiona quere aclarar que o expediente do Barbeira Season Fest 2022 segue aberto.
Neste procedemento, que derivará nun expediente sancionador contra a empresa organizadora, o concello defenderá ata o final os intereses dos veciños e veciñas de Baiona.
Por outra parte, nun pleno celebrado hoxe, o goberno local aclarou que o festival celebrouse con todas as medidas de seguridade obrigatorias, así como co seguro de reponsabilidade civil necesario neste tipo de eventos.
A empresa organizadora entregou tamén os certificados de instalación, tanto eléctrica, como de montaxe e infraestruturas, cumprindo coa normativa, ademáis da declaración responsable.
Cando os técnicos municipais detectaron que a documentación presentada estaba incompleta, se lle requiriu á empresa que a completase.
A organización do festival non presentou a información completa a tempo e en canto o concello tivo coñecemento deste feito polos técnicos municipais, o día 2 de setembro, notificoulle á organización un decreto no que lle denegaba o desenvolvemento do evento, advertindo das consecuencias legais de continuar sen a citada autorización.
O Concello de Baiona quere deixar claro que en todo momento actuou para protexer a legalidade e insiste en que o expediente segue aberto.