O vindeiro martes 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e para celebralo a Biblioteca Pública de Baiona acollerá o contacontos “ Miña Terra Meu Lar” (contos ambientais). A partir das 18:00h un experto en xestión de residuos; un barrendeiro municipal moi especial explicará o seu traballo. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas a aventuras. A través das súas experiencias aprenderemos as claves para protexer o noso medio ambiente mentres nos botamos unhas boas risas da man de Caxoto. Organizado para público a partir de 4 anos, acompañados dunha persoa adulta. Duración: 40 min.
Para participar é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.
A Concellería de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, está a ofrecer contacontos infantís a través do programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” con motivo da celebración ao longo do mes de outubro do mes da Biblioteca Pública que se celebra o vindeiro martes.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal