O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, convoca unha liña de subvencións destinadas a centros, entidades ou asociacións do Concello de Baiona sen fins de lucro, para as actividades culturais que se desenvolveron durante o ano 2022.
“Estas axudas económicas teñen a finalidade de sufragar parte dos gastos ocasionados pola realización de proxectos ou actividades culturais, relaciondas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura, teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas, que contribúan ao fomento dos intereses xerais da veciñanza do municipio e, en especial, á promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais”, sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
As solicitudes deberán presentarse únicamente pola Sede Electrónica do Concello de Baiona(https://baiona.sedelectronica.gal/info.0) ata o 20 de decembro de 2022. Toda a documentación e anexos necesarios atópanse no taboleiro de anuncios da web municipal. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados dispoñibles na páxina web do Concello de Baiona www.baiona.gal.
Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona: cultura@baiona.gal ou no teléfono 986385921.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal