
ÓperaConcert ofrecerá un recital lírico en homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti no marco desta nova iniciativa provincial, formada por espectáculos de alta calidade artística en enclaves e espazos patrimoniais da provincia e terá lugar na ex-colexiata de Santa María a partir das 21:00 horas
O concerto homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti da man de ÓperaConcert contará en Baiona coa presenza de Simona Todaro, neta de Pavarotti, e Montserrat Martí Caballé, filla da recoñecida artista, ademais da soprano galega Loli Crespo, o barítono #Luis Santana e o mestre Víctor Carbajo ao piano.
O espectáculo incluirá un repertorio da canción e ópera italiana, así como arias de ópera, canción española e zarzuela, con títulos como “O mio babbino caro”, “Ave María”, “O sole mio” ou “Nessun dorma”. Os artistas tamén compartirán coas público anécdotas e recordos cheos de afecto.
“Son Verán” é unha aposta da Deputación pola descentralización das actividades culturais ao longo de todo o territorio provincial, impulsando unha programación musical de primeiro nivel en todas as comarcas da provincia.
Concello de Baiona





