
A Escola Municipal de Música de Baiona está a levar concertos didácticos ás escolas infantís para espertar o interese pola música En cada visita, os nenos observan e escoitan en directo unha selección de instrumentos, que varía segundo o concerto.
Así, descobren aos poucos diferentes sons e timbres, mentres aprenden como funcionan e para que serven dentro dunha orquestra ou conxunto.
A escola ofrece clases de piano, trompeta, trombón, tuba, clarinete, saxofón, gaita, baixo eléctrico, violín, viola, guitarra, canto e percusión, ademais das actividades colectivas como coro, banda e batucada.
Para os máis pequenos, de idades entre 4 a 6 anos, destaca o taller “Música e Movemento”, que fomenta creatividade e coordinación, o desenvolvemento cognitivo e a sensibilidade musical.
A matrícula para este grupo está aberta durante todo o mes de outubro, e pódese obter máis
información na propia Escola de Musica, situada en Cálea Alférez Barreiro, 21 ou no seu numero de telefono, no 986356081
Desde a Concellería de Cultura animan o desexo de que máis estudantes únanse á aprendizaxe musical, xa que favorece as súas calidades cognitivas e estimula o desenvolvemento das artes na aprendizaxe.
Concello de Baiona





