O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día das Letras Galegas, que é o martes 17 de maio, cando a praza do Concello acollerá ás 20:00hrs a actuación de Xisco Feijoo. Na noite previa á celebración, o día 16 de maio, programouse a actuación da orquestra “Capitol” no parque de “A Palma” a partir das 22:30hrs.
Festival “Baidemuiñeiras” o 20 de maio
Coincidindo coa semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, o sábado 20 de maio, a praza do Concello de Baiona acollerá ás 17:30h unha ruada e xa ás 18:00h dará comezo o espectáculo de danza tradicional.
Esta X edición contará coa actuación do Grupo Folclórico “O Mosteiro”, “As Falcatrueiras”, Asociación Cultural a Seneira, as Pandereteiras de “Monteboi” e a propia Asociación Folclórica “Vila de Baiona”, estas tres últimas da nosas Vila.
A Asociación Folclórica “Vila de Baiona” organiza o Festival en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal