
Na mañá de onte, o Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, a deputada de Turismo, Nava Castro Domínguez, a Directora de promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Dª Carmen Pita Orgoiti, concelleiros do seu equipo de goberno, con representantes de Abanca e de Aceba, realizaron a presentación da XXIX Festa dá Arribada na praza Pedro de Castro en Baiona.
O alcalde destacou a importancia que ten para Baiona e as súas xentes, o rememorar un feito histórico sen precedentes, envorcándose todo o pobo en festexar ao grande o 532 aniversario da Arribada da Carabela Pinta ao seu porto coa noticia da existencia dun Novo Mundo.
Preténdese nesta edición, facer unha festa familiar e confortable, e para iso ampliouse o lecer e a diversión para os máis pequenos, abarcando máis de 1.500 metros cadrados no Parque da Palma onde haberá xogos e actividades para toda a familia.
Entre as novidades deste ano atópanse o parque infantil composto polo castelo medieval e o barco pirata que fará as delicias de todos os nenos e nenas. O Mega-Xadrez xigante que será dinamizado polo club de Xadrez Xabai de Baiona con talleres e estratexias de xogo para quen queira penetrarse no apaixonante mundo do xadrez, a proxección dun videomapping co título “Baiona unha viaxe no tempo”, sobre a fachada de la Iglesia Santa María de Baiona, que se poderá gozar durante os tres días da Festa.
Tampouco faltarán numerosos pasacalles de animación e os tradicionais espectáculos na praia Ribeira onde a cetrería terá novamente un lugar destacado na programación tras recuperala na edición pasada.
Teremos tamén, como vén sendo habitual, un punto LILA para visualizar a problemática da violencia de xénero, situado nas inmediacións da oficina de turismo.
Nesta edición, o concello rexistrou máis de 200 solicitudes de ocupación de vía pública que foron tramitadas e autorizadas pola organización do Real Mercado Medieval da Arribada 2025 para a colocación de postos de comida, artesanía e asociacións gremiais, que darán vida á festa e alimentarán aos visitantes que veñan á nosa vila.
Para finalizar, todos os invitados degustaron as viandas Gourmet dá Arribada co produto estelar do choripán edición 2025, elaborado pola Queimada Gastrobar e das sobremesas oficiais da Festa da Arribada 2025, nos soportais da praza Pedro de Castro, onde se realizou o evento.
Concello de Baiona.





