O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, presentou este mañá na praza de abastos de Baiona a programación organizada con motivo da campaña de Nadal “BaiNadal 2022”, que contempla numerosas actividades culturais e de lecer para públicos de todos os gustos e todas as idades.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, acompañados polo Presidente de Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña Chamorro, informaron ao detalle da extensa e completa programación que recolle numerosas actividades especialmente pensadas para o público infantil, sendo un dos seus principais obxectivos contribuír á dinamización das zonas comerciais da vila para fomentar as compras do Nadal e o consumo nos comercios e establecementos baioneses. No acto tamén participou Patricia Leyenda López, Presidenta da Asociación da Plaza de Abastos de Baiona, lugar elixido para a presentación para dar visualización a este espazo e o comercio local. Así como a Concelleira de Comercio, Andrea Pérez González.
O Presidente de ACEBA, Marcos Comesaña Chamorro, destacou que “O comercio local “fai pobo” polo que é importante apoiar a este tipo de comercio que ofrece “algo distinto” que non ofrecen as grandes superficies. Ademaís do trato persoal, o noso pequeño comercio tamén crea traballo entre a xente da nosa localidade”
Neste sentido, Gómez Prado, resaltou que esta “é unha das campañas máis importantes do ano para o comercio e a hostalería local, polo que desde o Concello de Baiona veuse traballando para incidir no consumo responsable e na importancia de consumir no comercio local, resaltando a oferta interesante e variada que ten o comercio de Baiona que permite atopar de todo”.
Espectáculos infantís e familiares, actuacións musicais, festivais variados, pasacalles, cinema de nadal…moito lecer e un Fin de Ano especial
O rexedor e a edil detallaron as actividades deseñadas desde a Concellería de Cultura para a programación do Nadal. Unha programación “na que puxemos todo o noso esforzo e agarimo, porque entendemos que despois de dous anos sufrindo as limitacións por mor da pandemia Baiona merécese gozar destas festas ao grande”.
Por iso, desde a Concellería de Cultura, destaca o mandatario, “fixemos unha aposta potente coidando o noso tecido local. Unha programación que, como non pode ser doutra maneira nestas datas, mira tamén con especial atención á infancia, cun amplo abanico de propostas lúdicas ”.
Estes espectáculos desenvolveranse entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro na Alameda Carabela Pinta, no Auditorio Municipal V Centenario, na Praza do Concello, no Multiusos Mercado de Sabarís, no Casco Vello ou na o Avenida Julián Valverde de Sabarís.
A nota solidaria da programación terá lugar este sábado 3 de decembro xa que se organizou ás 20:00h un festival a favor da ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado” no que se poderá gozar das actuacións de o“Rock Q’Mola” e “Tonichi e Pacheco”. A ONG local recollerá alimentos non perecedeiros no festival.
Entre as atraccións do Nadal a destacar, as badaladas de fin de ano que se adiantarán ao sábado 17 de decembro na Alameda Carabela Pinta. Xa desde as 22:30 crearase ambiente nas rúas do Casco Vello co pasarrúas de “Bloquinho Aperta”. Tras as uvas, ás 00:00 poderase gozar dun concerto de “La Patrulla”.
O 23 de decembro o “Camionciño de Papá Noel” percorrerá ás 18:00h a Avenida Julián Valverde e ás 20:00h o Casco Vello para que todas aquelas persoas que o desexen poidan gozar e ver en primeira persoa a Papa Noel un día antes do seu gran día de entrega de agasallos e tamén facerlle chegar as súas peticións.
O día 24 de decembro as rúas do Casco e previamente a Avenida Julián Valverde de Sabarís estarán amenizadas polo pasacalles da Rodalla Santiago de Parada-Nigrán. Aquelas persoas que se acheguen ata o casco histórico da vila para gozar da mítica tarde de viños atoparanse cos ritmos e a música a partir das 18:00h do pasacalles da charanga “Nova Cubana”.
Así mesmo, destaca a instalación dunha pista de xeo e tubbing na Praza do Concello para o goce dos máis pequenos da casa. Esta actividade está recomendada a partir de 6 anos. Inaugurarase o próximo 21 de decembro ás 17:00h e poderase gozar ata o próximo 8 de xaneiro en horario de 12:00-14:00h e de 16:00-21:00h. Tamén o ciclo de cinema de nadal, programado para os nenos e nenas no Multiusos Mercado de Sabarís.
Ademais de todas estas actividades, este mesmo espazo, tamén contará cunha exposición de micro-beléns. A inauguración será o 15 de decembro e permanecerá aberto para ser visitado ata o próximo 7 de xaneiro.
Por outra banda, o Auditorio Municipal V Centenario tamén albergará numerosas actuacións da programación especial con motivo destas festas como as sctuacións musicais do día 10 de decembro ás 21:00 “O Show de Cristián”, así como o día 11 ás 18:00 a gran actuación da cantante “Sheila Patricia”. Os espectáculos familiares como o do “O neno Groba e a música”, programado para este domingo 4 de decembro ás 18:00h (cambiase a data por motivos de salud dun artista para o sábado 17) ou a gala musical “Un Conto de Nadal”, o 29 de decembro ás 20:30h. Onde disfrutaremos baixo a dirección da Ocaband con Manquiña e Pepo Suevos
Tamén volven os clásicos, como unha nova edición da gala de nadal da escola de danza “Galicia en Danza”, o domingo 18 de decembro a partir das 16:30h; o festival de nadal da escola de música de Baiona, o 22 de decembro ás 19:00h; ou o festival de corais baionesas no que por primeria vez actuarán xuntas a coral polifónica “Baiona A Real”, “A Cela de Baredo” e a “Coral de San Lorenzo de Belesar, unhas actuaciones que se poderán gozar o día 23 de decembro ás 20:30h; ou o concerto de fin de ano o día 30 de decembro do coro de homes “Voces Baionesas ás 20:00h.
O broche de ouro da programación terá lugar o mércores 4 de xaneiro coa visita dos Reis meigos ás distintas parroquias e ou martes 5 coa cabalgata de reis que sairá ás 18:00h de Sabarís. O punto e final a esta completa programación do Nadal o pon o festival de maxia do sábado 7 de xaneiro.
BAIONA PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE NADAL 2022/23 “BAIONA, ESTE NADAL OS PREMIOS ESTÁN NO COMERCIO LOCAL”, COA CAL SE REPARTIRÁN 10.000€ EN PREMIOS
Tras a presentación da programación BaiNadal 2022 tivo lugar a presentación da campaña ”Baiona, este nadal os premios están no comercio local”.
O Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña, acompañado de varios Directivos da asociación, e o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, presentaron esta mañá a Campaña de Nadal 2022/23 “Baiona, este Nadal vos premios están non comercio local” na Praza de Abastos de Baiona.
Esta iniciativa continúa a dinámica da campaña de nadal pasado, co fin de apoiar o pequeno comercio de Baiona, incentivando o consumo local e contribuíndo así ao desenvolvemento económico e social da Vila.
Esta campaña, organizada polo Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), poñerá en circulación entre os establecementos participantes 25.000 rascas dos cales 650 deles teñen premios directos para que as clientas e clientes agraciados empréguenos á hora de comprar no comercio e nos establecementos de hostalería de Baiona adheridos á iniciativa.
O Presidente de ACEBA explicou a dinámica da campaña: “En total repartiranse 10.000 euros en premios. Todos os establecementos de comercio adheridos a esta campaña procederán á entrega dun cupón por compras iguais ou superiores a 20 €, ata un máximo de 4 cupóns por compra. Os que resulten premiados poderán ser gastados polo cliente en calquera momento da campaña, tanto no comercio local como na hostalería adheridos á campaña, desde o seu inicio, e ata o 31 de xaneiro de 2023”. Engade que “Despois desta data, os premios que non fosen trocados serán destinados á Concellería de Benestar Social do Concello para destinar a fins sociais no municipio. Os tíckets tamén terán a opción de marcar directamente o recadro de Benestar Social para que o premio sexa destinado directamente.”
Durante a presentación, o Alcalde de Baiona destacou o intenso traballo realizado entre ACEBA e o Concello para a organización desta Campaña, e explicou que “Debido ao éxito de Campañas anteriores, repítese a dinámica, incentivando a economía circular no noso Concello, co fin de que todo o sector véxase beneficiado desta Campaña, tendo en conta que a situación é especialmente dura para os pequenos negocios”. O Alcalde aposta por esta Campaña, xa que “é un impulso e unha posta en valor do comercio e das empresas locais, apoiando así ao pequeno comercio de Baiona, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social apostando polo comercio de proximidade”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal