
Mañá martes 22 de xullo ás 20:00 h, a Casa da Navegación de Baiona acollerá a presentación da nova novela do escritor baionés Gerardo Collazo Vilar: Los años sin dueño.
Gerardo Collazo Vilar naceu en Baiona (Pontevedra) un 20 de marzo de 1988. Gallego por vocación e ata as trancas, creceu entre auga salgada, area, reloxos e pintura. Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, exercendo, moi brevemente, en diversos medios locais e algunha que outra revista musical especializada.
É técnico superior en realización de espectáculos e audiovisuais e experto en publicidade e márketing dixital. Amante da natureza, as paisaxes urbanas e a música en todas as súas formas e cores, atopa na literatura o terreo ideal para explorar as súas inquietudes. A través dela, forxou un estilo acedo, visceral e descarnado, ás veces desbordado e profundamente crítico, que evoca o realismo histérico que tanto nos cativou nas décadas dos oitenta e noventa.
Autor de obras como Me deixei os coellos atrás, e non me importa! (2019) e Agarimo (2022), tamén desenvolveu unha extensa carreira pictórica baixo o alias karynga.
O acto conta coa colaboración do Concello de Baiona e da Librería Vernet.
Concello de Baiona





