Sabarís acollerá no mes de agosto unha exposición de pintura colectiva do artista baionés Caíno Vasconcellos e do vigués Carlos Padín titulada “Dúas miradas á arte”. Esta mostra poderá visitarse do 1 ao 15 de agosto de 2024 no multiusos de Sabarís, no seguinte horario:
De martes a venres de 19:00 a 22:00h.
Luns e sábados de 12:00 a 14:00/19:00 a 22:00h.
Domingos de 11:00h. a 14:00h.
Caíno Vasconcellos Cabral, ademáis de participar en numerosas mostras colectivas, tanto nacionais como internacionais, realizou exposicións individuais na Casa de Galicia de Madrid, na Galería Jadite de Nova York, na Galería Bruxá en Barcelona, entre outras.
Pola súa parte, Carlos Padín, ten realizado diversas exposicións na Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo, na Capitanía Marítima de Baiona, na Escola de Hostalaría do Rosal, no Instituto Camoes, entre outras.
Estes dous artistas coñecéronse no ano 2022 a través da exposición colectiva de pintores baioneses na vila francesa de Pornic, no XXV aniversario do irmandamento entre as dúas vilas, e dende ese momento veñen realizando distintas exposicións colectivas e diversas colaboracións no eido da arte.
A entrada á sala de exposicións será libre.