O Multiusos Mercado de Sabarís acolle hoxe martes, 08 de agosto, ás 20:30h a presentación do Libro de Fernando Bartolomé: “Gondomar. El Embajador. Diplomacia y arcabuces”
Tras varios anos de investigación sobre a figura do conde de Gondomar, o escritor e catedrático de Lingua Española e Literatura, e estudoso da cultura e historia do Século Oro, Fernando Bartolomé, presentou na cidade de Vigo o seu novo libro, “Gondomar, el Embajador”, unha exhaustiva biografía sobre Diego Sarmiento de Acuña, conselleiro de Estado e de Facenda, diplomático, embaixador e bibliófilo, gobernador e capitán xeral do reino de Galicia.
Nun volume de 640 páxinas, Fernando Bartolomé recolle nesta ocasión a vida dun dos nobres máis destacados da provincia de Pontevedra, o conde de Gondomar, debido a que tras o seu nomeamento como embaixador en Inglaterra pola súa maxestade don Felipe III, no ano 1612, converteuse nun personaxe crave da política internacional como poucos membros da elite española. Ademais, Sarmiento de Acuña defendeu a costa sur de Galicia do ataque de piratas ingleses.
O escritor e catedrático estará acompañado de Jose M.ª Peláez e o propio Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, que será o encargado de facer a presentación do autor.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal