O Multiusos Mercado de Sabarís acolle mañá ás 18:30 horas a inauguración da exposición de pintura e escultura “Eje Atántico, Galicia-Portugal”. A exposición, gratuíta, mostra obras de 17 artistas de Galicia e de Portugal.
Ao acto de inauguración asistirán o alcalde do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de Cultura, Policarpo Vilar Misa e o Cónsul Jorge Fonseca, da Embaixada portuguesa en Vigo representando a Portugal.
Desde a concellaría de cultura do Concello de Baiona, á fronte de Policarpo Vilar Misa, se invitada a coñecer de primeira man a obra destes artistas que uniron traballo, talento esforzo pondo o mellor de cada un deles nestas obras que se poderán visitar no multiusos desde mañá e até o 28 de outubro. Os luns, sábados e domingos o horario é de 12:00-14:00/18:00-21:00. Mentres que de martes a venres o horario é de 18:00-21:00 horas. Así mesmo, desde esta concellaría destácase a importancia de achegar a arte e a cultura á veciñanza.
Artistas: Eduardo J. Ortún, Roberto Nogueiras Souto, Jorge Miguele Almeida, Julia Barreiro Manzano, Gabriela Carrascalão, Rafael Freijeiro, Anxos Jorreto, Chity Bao, Fernando Veloso, Tino Canicoba, Rodinhas, Jose Miranda, Armando Martínez, José María López-Orozco, Albertina Tavares (Anit); Carla Viso; José Cerdeira.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal