Maxia, alegría, ilusión e, sobre todo, anhelos de paz. Son os valores do Nadal baionés para este ano reflectidos na programación de actividades e no cartel anunciador. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e A concelleira da área de Cultura, Miriam Costas Iriarte, presentarán este xoves 1 de decembro ás 11:30h en la plaza de abastos de Baiona os elementos característicos da festividade que recupera a totalidade das súas tradicións para grandes e pequenos, a máis diso informar de que estas darán comezo o venres 2 de decembro, ás 19:00 horas, na Alameda Carabela Pinta, co espectáculo “Thea, Deusa da luz”: Thea, na mitoloxía grega significa «amplo brillo» e é unha divindade, considera como a deusa que outorgaba o brillo ao ouro e as pedras preciosas. Acompañada dos seus seis trasgos e o seu gran protector, percorrerán as rúas enchéndoas de maxia, fantasia e moitísima diversión.Un espectáculo itinerante para todos os públicos que conta zancudos e os mellores animadores de Galicia. O brillo chegará iluminar toda a localidade grazas aos seus coidados traxes, cheos de luz led.
Tras a performance ás 20:00 procederase ao aceso da iluminación e do poboado de nadal, acto que será amenizado coa actuación musical “Speakeasy”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal