
É necesario o peche das “escaleiras do Cais” e do Auditorio por seguridade
Os temporais que están sobre a nosa provincia esta semana provocaron unha serie de danos nos edificios municipais, os cales deben ser solucionados para que o uso e goce dos mesmos prodúzase de maneira ordenada e segura.
Non estamos ante o paso dunha borrasca convencional, senón ante unha colisión de forzas no Atlántico Norte: o efecto Fujiwhara. Este fenómeno consiste nun temporal de vento cuxa principal ameaza non será só a súa forza, senón a súa implacable persistencia. A nosa provincia queda atrapada nun corredor de aceleración onde o aire golpea sen descanso, sen as pausas habituais entre refachos.
Por este motivo, o Concello de Baiona realiza unha clausura temporal do Auditorio V Centenario, así como das coñecidas como “escaleiras do Cais”, como medida preventiva para garantir a seguridade da veciñanza e das persoas usuarias destas instalacións municipais.
A decisión adoptouse tras comprobarse a existencia de deficiencias no inmoble, que afectan tanto o interior do edificio como á vía pública. Se en comprobouna a posibilidade de desprendementos na fachada do mesmo e tamén se revisou o estado da cuberta transitable do auditorio, que se atopa moi deteriorada, e como resultado disto, prodúcense moitas mais filtracións de auga das xa existentes que non permiten gozar do mesmo.
Por este motivo, o Concello procede a clausúraa temporal deste acceso ata que leven a cabo as reparacións necesarias e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar aos veciños e usuarios do auditorio e as escaleiras, aos que tamén informa de que xa se está traballando para liquidar esta problemática o mais pronto posible, e, en canto estea solucionado, comunicarase de novo a apertura.
Concello de Baiona





