A aula de Teatro de Baiona oferta dous obradoiros de “teatro para a vida”. As persoas interesada poderán participar nos mesmo en horario de mañá, os martes de 11:00 a 12:30 h, ou de tarde, os xoves de 20:00 a 21:30 h. Baixo o título “teatro para a vida” traballarase a comunicación oral, a expresión corporal, a improvisación…entre outras técnicas, traballaranse ferramentas para o día a día non só para subirse ao escenario.
Os obradoiros desenvolveranse no Auditorio V Centenario.
Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com / 638 186 112
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal