Este Domingo 30 de Abril, nos Xardíns da Casa da Navegación ás 20:00h, subiranse ao escenario os músicos Tonichi e Pacheco para celebrar o seu décimo aniversario encima dos escenarios.
Unha proposta artística que mestura o virtuosismo musical centrado nas grandes figuras da guitarra cunha ampla selección de cancións e toques de humor.
Tonichi e Pacheco é un dúo con moitos anos de experiencia, mestura o virtuosismo musical de figuras da guitarra como Paco de Lucía, Django Reinhardt, Zorba the Greek… cunha gran selección de temas Jazz, bossa nova, rumba e rancheira. Un concerto para bailar de principio ao final. Percorreron escenarios por todo o mundo e compartido táboas con artistas da talla de: Manu Chao, James Brown, Emir Kusturika, Kiko Veleno, Coque Malla, Raimundo Amador, Os Inimigos, Os Segredos, e un longo etc.
Unidos por unha gran amizade e despois de compartir bandas como Miñor Swing, deciden dar vida a este proxecto, o cal dada a súa perfecta compenetraciòn crece moi ràpidamente. O seu espectáculo conta cunha parte instrumental, na que deixan clara a súa calidade musical con temas dos grandes guitarristas de sempre, como Django Reinhardt e Paco de Lucía, ou clásicos tradicionais como Zorba o Grego e Lles Yeux Noirs.
A actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona é gratuíta para o público.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal