Descubride que se oculta tras as páxinas de “Dedas”, un libro ilustrado dirixido a nenas e nenos de 1 a 6 anos, cun divertido contacontos desta bela historia que se desenvolverá no Multiusos Mercado de Sabarís mañá venres 11 de febreiro a partir das 17.00 horas.
Ilustracións de cor e poesía na que a musicalidade e repetición converten esta obra en algo entretido e divertido que non esquece o seu fin didáctico, sempre presente nos obxectivos das súas creadoras Soledad García (escritora), Laine Villero (ilustradora) e Natalia Guisande (responsable do deseño).
Esperámosvos!!
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal