O escritor e profesor do CPI Covaterreña, Anxo X. Rajó, presenta en Baiona o seu libro titulado “Luisa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa”, facendo alusión as distintas facetas artísticas que confluían na homenaxeada das Letras Galegas 2024.
Ademáis de escritor e docente, Anxo X. Rajó é redactor da Enciclopedia Galega Universal e coordinador do Dicionario de Galego de Ir Indo Edicións. Escribiu as biografías de autores como Ramón Otero Pedrayo e Xela Arias, e elaborou a edición de Contos do Turreiro, de Avelino Rodríguez Elías. Ademáis, ten publicado diversas guías e mapas do patrimonio e da natureza de Galicia.
A presentación do seu último traballo, terá lugar o vindeiro mércores 29 de maio de 2024, ás 20:00h. na Casa da Navegación de Baiona con entrada libre, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.