O Multiusos Mercado de Sabarís acolle o vindeiro 27 de outubro ás 20:00h a presentación do libro “Samaín’s Party” de Vicente Pedreira y Diego Cabrera.
Sinopse:
Nas semanas previas ás festas de Samaín en Vilapontes celebrouse a ligazón de Sofía e Pablo. Nada facía presaxiar o que ocorrería unhas horas máis tarde.
Ao amencer, na praia, apareceron os cadáveres do irmán de Pablo e dunha amiga, brutalmente descortizados. Xunto a eles atopouse unha barca na area, onde se escribiu con sangue a palabra Samaín.
A vida tranquila dos habitantes de Vilapontes truncouse aquela mesma madrugada. A partir dese día fóronse sucedendo máis asasinatos, que non só aterrorizaron a toda a cidade, senón que desconcertaron a toda a policía que traballou nos casos.
A lenda do Samaín parecía que chegara para quedar…
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal