
Dentro da programación Bainadal que organizan as concellerías de Festexos e de Cultura do Concello de Baiona, terá lugar este domingo 15 de decembro na rúa Carabela Pinta de Baiona, a presentación oficial da 1ª Rondalla de Baiona Airiños dá Lagoa co seguinte programa:
• 11:30h Pasacalles das Rondallas polas rúas principais da vila: -A Rondalla “Airiños dá Lagoa” sairá do porto deportivo e desfilará polos paseos Alfonso IX, Elduayen ata chegar á rúa Carabela Pinta. -A Rondalla “A Mercé de Chaín” sairá da praza Santa Liberata, e percorrerá cale Marqués de Quintanar, Glorieta de Colón, ata atoparse na rúa Carabela Pinta.
• 12:00h Desfile Presentación Oficial Rondalla Ariños dá Lagoa de Baiona, amadrinada nesta ocasión pola Rondalla “A Mercé de Chaín”. Comezo do Encontro de Rondallas co tradicional saúdo de abanderados, o saúdo entre directores e capitáns de cada rondalla e os concertos das rondallas.
A Rondalla “Airiños dá Lagoa”, está composta por 42 integrantes da zona do Val Miñor, de idades comprendidas entre os 9 e 80 anos que aúnan entusiasmo e paixón pola música tradicional galega. Dirixidos polo vigués Miguel Sanromán e pola creadora da Rondalla, Mónica Docabo, a agrupación nace con vocación de manter vivas os costumes e tradicións locais e para esta ocasión escolleron catro pezas de música tradicional galega, un remix de panxoliñas e algún merengue que outro. Charrascas, cristos, castañuelas e pandeiretas amenizarán as rúas de Baiona, a Rondalla portará 6 bandeiras e estreará vestiario coas cores da bandeira de Baiona.
Será este domingo 15 de decembro na rúa Carabela Pinta onde dará comezo a traxectoria cultural á 1ª Rondalla “Airiños dá Lagoa”.
Concello de Baiona





