O festival “Baidemuiñeiras” regresa a axenda cultural de Baiona tras o parón da pandemia.
O vindeiro sábado 21 de maio ás 17:30h haberá unha ruada desde o porto pesqueiro ata rúa Carabela Pinta. Ás 18:00h dará comezo espectáculo de danza tradicional na praza do concello.
Asociación Folclórica Vila de Baiona organiza o Festival en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona, Está IX edición contará coa actuación da Asociación Cultural Xarandeira (Pontecesures), o Grupo Folclórico Ecos e Agarimos de Peitieiros (Gondomar), a Asociación Folclórica Vila de Baiona (Baiona), as Pandereteir@s de Monteboi (Baiona) e a Asociación Cultural a Seneira (Baiona).
En caso de choiva celebrarase no Auditorio V Centenario.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal