A Sala de Xuntas do Monte Real Club de Iates de Baiona, albergou a reunión de coordinación e seguridade que se establecerá con motivo da próxima visita do Buque Escola da Armada Española, Juan Sebastián de Elcano, na Baía de Baiona, prevista para e luns 11 de xullo, nunha xornada na que o Concello de Baiona, en colaboración co Club de Iates, teñen programados diversos actos de Homenaxe á Armada Española, con motivo da celebración do V Centenario da Primeira Circunnavegación á Terra.
Na devandita reunión, presidida de maneira conxunta por Carlos Gómez, Alcalde de Baiona, e José Luís Álvarez, presidente de Monte Real, estiveron presentes representantes de institucións como Salvamento Marítimo, Garda Civil, Capitanía Marítima, Gardacostas de Galicia, Armada Española e Escola Naval Militar de Marín, entre outras.
Toda a información respecto a a arribada do Juan Sebastián de Elcano será facilitada o vindeiro martes 5 de xullo, tras a presentación oficial no Club de Iates.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal