Chega o Nadal e con ela veñen todas as decoracións típicas destas festas familiares e un dos plans que máis gusta nesta época é visitar os diferentes beléns que están repartidos ao longo e ancho da localidade. Para o máis pequenos da casa visitar os nacementos é unha actividade que poden realizar acompañado dos seus pais e tamén de amigos.
Todas aquelas persoas que queiran vivir esta bonita experiencia poderano facer o vindeiro xoves, 29 de decembro, da man de COEMSA en colaboración co Concello de Baiona. O punto de saída da caravana de visita aos distintos puntos da localidade para coñecer de primeira man os beléns visitables familiares será o Multiusos Mercado de Sabarís e a hora de partida as 17:30h. Uns percorridos para o que será necesario dispoñer de toda a tarde xa que cada belén é único e iso faios especiais, xa que se viven novas experiencias que atrapan aos visitantes noutra época e envólvenos nun ambiente que non deixa indiferente a ninguén. Cos anos volvéronse máis sofisticados e queren que tanto grandes como maiores vivan a experiencia como algo único.
Exemplo dun destes bonitos beléns visitables familiares é o de Manuel Carou, quen realiza un belén visitable na súa casa de San Cibrán, xa recoñecido dentro do roteiro de belenistas. Todas as figuras en movemento cun audio que narra o nacemento de Xesús.
Cabe lembrar que o multiusos Mercado de Sabarís expón ata o próximo día 8 de xaneiro os vinte traballos que participan no Certame de Microbelenes que organiza a asociación de comerciantes Coemsa en colaboración co Concello de Baiona. Poderán visitarse ata o día 8 de xaneiro de luns a venres de 18.00 a 21.00 e as fins de semana de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30.
Un xurado outorgará o premio ao máis orixinal e ao máis traballado. O voto dos visitantes decidirá cal é o nacemento máis popular dos que se mostran na sala.
Entrégaa premios Concurso Micro-Beléns, será o luns 26 de decembro ás 20 h no multiusos mercado de Sabarís.
O xa tradicional concurso inclúe unha categoría para os beléns familiares en domicilios particulares con tamaño libre e presentáronse un total de oito.
Neste mesmo espazo, o multiusos de sabarís, durante estas datas do Nadal púxose en marcha a campaña “Troco xoguete” na que os máis pequenos e pequenas da casa poden intercambiar os seus xoguetes con outros que hai depositado alí e mesmo deixar xoguetes para a ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”. Tamén se está levando acabo unha recollida de alimentos para a ONG local polo que todo aquel que queira colobarar coa súa achega poderá levar alimentos ata este espazo de Sabarís.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal