
O Concello de Baiona invita a todos os seus veciños e visitantes a participar nos actos litúrxicos e tradicionais en honra a San Cosme e San Damián que terán lugar durante a xornada de hoxe.
Hoxe, 26 de setembro de 2026, teremos a procesión en honra a San Cosme e San Damián que sae da capela de Santa Liberata ás 11:00H polo percorrido habitual, seguido da Misa Solemne na Real Colexiata de Santa María de Baiona.
Tamén teremos actuacións de “Os trebellos” ás 13:00H na praza de Santa Liberata e realizarán un pasarruas ás 17H polo recinto da festa.
Finaliza o día de celebración coa actuación do grupo Braava! ás 21:15H na praza de Santa Liberata
Un día de fervente tradición, cultura e identidade que une a todo o noso pobo. Agradecemos de antemán a colaboración e o respecto de todos os asistentes para o correcto desenvolvemento da comitiva.
Concello de Baiona





