O Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona continua coa súa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial. A primeira destas accións do 2023, terá lugar, este vindeiro venres, día 13 ás 19:00 H, coa presentación da primeira novela de Teresa Chamorro “El día que fuí Juzgada”no edificio Multiusos Mercado de Sabarís.
A autora, enfermeira de Panxón, animouse a escribir a obra durate o confinamento. Trátase dunha historia policíaca e cargada de suspense, ambientada na súa localidade natal e outros puntos da comarca miñorana.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal