O Concello de Baiona celebra esta fin de semana as festas en honra á Virxe da Anunciada, patroa da vila de Baiona e dos seus mariñeiros.
O evento terá lugar desde este venres día 4 de agosto ata o luns 7 do mesmo mes.
As festas de Baiona darán comezo este 4 de agosto ás 11.00 horas co tiro de salvas. Pola tarde, a partir das 20.00 horas, a plaza do concello acollerá o Espectáculo de circo e danza “UP2DOWN”. A partir das 21:30 no Parque da Palma celebraráse o concerto como teloneiros de Tonichi&Pacheco ás 21:30 h e ás 23:00 h está previsto que suba ao escenario Rosario Flores coa súa banda, facendo un repaso polos seus grandes éxitos e singles máis coñecidos internacionalmente.
O sábado, día 5 de agosto, ás 11.00 horas haberá outro tiro de salvas. Ás 11:30horas partirá da plaza do concello o pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados pola Asociación Cultural “A Seneira de Baiona”.
Pola tarde, a partir das 20:00 horas, haberá misa solemne cantada polo “Coro de Homes Voces Baionesas” e acto seguido, procesión polas rúas da Vila acompañada pola Banda de Música de Baiona, coa actuación da tradicional “Danza das Espadas” na Praza de Santa Liberata.
Ademais, o mesmo día ás 22:30 horas dará inicio o concerto como teloneros “La Franga”, no parque da Palma. Ás 00:00h do domingo 6 de agosto, terá lugar a gran tirada de lume de lucería a cago da pirotécnia Argimiro Alborés dende a Praia Ribeira e ás 00:20h comezará a actuación de Ana Guerra co seu espectáculo “SI ME QUISIERAS TOUR 2023”, pechando as actuacións do sábado.
O domingo 6 de agosto. Ás 11:00 horas faráse o tiro de salvas. Ás 11:30horas partirá da praza do Concello o pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados pola charanga “Nova Cubana” , polas rúas e prazas do casco antiguo baionés.
Doutra banda, entre ás 12:00-13:00h terá lugar o pasarrúas a cargo da Asociación Folclórica “Vila de Baiona” e da Asociación Cultural “A Seneira” de Baiona ata o Parque da Palma onde terán lugar as actuacións dos grupos ás 13:00h.
A continuación,13:30h levaráse a cabo a actuación da tradicional “Danza das Espadas de Baiona” e á entrega da “Placa Homenaxe” a un compoñente da agrupación.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, o porto pesqueiro de Baiona acollerá o concurso das tradicionais “Cucañas Marítimas”. Ás 21:30 horas no Parque da Palma actuarán como teloneiros, o grupo baionés, A Patrulla, e acto seguido, sobre as 23:00 h, entrará en escena o grupo sevillano “El Arrebato” co seu pop máis fresco e actual.
O luns, 7 de agosto, na Igrexa de Santa María de Baiona ás 11:00 horas, celebrarase a misa de “San Telmo” polos mariñeiros falecidos. Xa pola tarde, ás 20:00h a praza do Concello acollerá unha festa infantil con música e xogos para o disfrute dos máis pequenos e pequenas da casa.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal