Comeza o III Ciclo de Conferencias “OFALAR DaS PEDRAS” que se impartirán os luns de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h.
O vindeiro luns, 4 de xulio, ás 20:30H, arrincamos coa III Edición de Ou Falar dás Pedras que, celebraremos todos os luns lectivos de xullo e agosto, no edificio Multiusos Mercado de Sabarís. Comezaremos co un tema en grao sumo actual e que nos incumbe a todas e todos nos incumbe. Da man do Historiador Gustavo Pascual Hermida, asomarémonos á Roma do Val Miñor.
Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. O ano pasado retomouse a súa celebración e fíxose nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Benito Fariña, 3).
O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.
Gustavo Pascual Hermida
Vigo, 1965. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola USC. Profesor de Xeografía e Historia de Ensino Secundario. Autor do blogue Máis que Petróglifos (2011) e Máis que Petróglifos 2 (2016). Colaborou en diversos proxectos arqueolóxicos, impartindo conferencias sobre os seus traballos de investigación e divulgación centrados no sur de Galicia. Vicepresidente segundo da Asociación.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal