O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos, informa de que a praza do Concello de Baiona acolle mañá, 2 de setembro, ás 21:30 h. o XXIV Festival Folclórico Baíña’23. A Asociación Folclórica Airiños da Lagoa para conmemorar o aniversario do grupo fundado en Baíña fai xa máis de dúas décadas organiza o encontro. Ademais dos anfitrións participarán o Rancho Folclórico das Lavradeiras de Oleiros (Ponte da Barca); as Pandereteiras Traspés (Vigo) e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreira (Santiago de Compostela).
En caso de mal tempo o festival trasladarase ao Auditorio V Centenario de Baiona.
A actividade forma parte da programación Baiverán 2023.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal