No Día das Letras Galegas, celebrouse nos tres concellos do Valmiñor a 38° edición da Festa da Bicicleta.
Foi unha edición marcada polos medos das inclemencias do tempo. A pesar disto, case 500 persoas decididas, ao puro estilo galego “e se chove, que chova”, saíron
a pedalear para darse encontro finalmente no Paseo Pinzón de Baiona.
Para o Val Miñor é un día de gozo e ledicia. Dende os tres Concellos, queremos transmitir noso agradecemento a tódalas persoas participantes, aos corpos de policía local e a protección civil por velar pola seguridade dos e das veciños e veciñas, así como a @frutasnieves e a @augasana pola súa colaboración.
O supra reciclaxe é a transformación de obxectos que xa cumpriron súa función e que poidan seguir utilizándose para outro propósito. Desta forma, dámoslles unha nova vida. O propósito é aproveitar os materiais converténdoos en novos obxectos.
Seguindo esta técnica, Belén Comesaña Chamorro, deleitounos no podio da Festa da Bicicleta con estas dúas marabillas. Estaban no lixo e deulles unha nova vida facendo unha chiscádela aos maios galegos.