XXI SEMANA VERDE 2024
Os próximos días 24,25, e 26 de Xuño, o Concello de Baiona a través da Concellería de deportes , o Cámping Baiona Praia, protección Valmiñor e a Concellería de Medio Ambiente organizan un novo programa da “Semana Verde”.
Organizado pola concelleira de deportes Ana Mª Iglesias Rodríguez, a acampada nace coa intención de desenrolar e fomentar as actividades na natureza, o respecto e a sociabilidade entre nenos e nenas, tanto desde a práctica deportiva como dende a formación integral e educativa dos escolares.
A acampada consta de actividades de ocio, xogos e outras de índole formativo en onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna conforman o programa previsto.
As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal da empresa Matrakala baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da concellería de deportes.
Nesta nova edición do 2024 ofértanse un total de 50 prazas. O concello de Baiona quere continuar apostando porque nenos e nenas gocen e aprendan da nosa contorna e estean en contacto directo ca natureza .
Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes Municipal ou chamar ao Tlf.986356558 ou se dispón de email: deportes@baiona.gal.