O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, deseñou unha ampla axenda deportiva para os próximos meses.
A finais deste mes de maio, concretamente o 27, celebrarase a II Xornada Lúdica de Tenis de Mesa de 10:00h a 12:00h no Pavillón Municipal de Baiona.
No mes de xuño, concretamente o día 10, terá lugar o XV Torneo de Tenis Escolar, cuxas inscricións se abrirán o próximo 15 de maio. O 10 e o 11 de xuño, o Torneo Fútbol sala “Vila de Baiona” (Senior) e o 16,17 e 18 o Torneo F.S. “Vila de Baiona” categoría basee, ambos os do Baíña Fútbol sala.
Para complementar o peche do curso escolar deportivo 2022-2023 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona programou para o 17 de xuño o seu “tradicional” viaxe ás Cíes. Este mesmo día, será o Campionato de España e Galego de Pádel Surf e a Regata Solar Marine Instruments, unha competición de coches e barcos a radiocontrol alimentados por placas fotovoltaicas.
A finais de mes, desde o departamento municipal organizouse para os máis pequenos e pequenas do municipio a campaña de fomento dos deportes náuticos “Semana Azul 2023” e a acampada escolar “Semana Verde” que se celebrará entre o 26 e o 30 de xuño na Praia e no Cámping da Ladeira.
Xa en xullo darase o pistoletazo de saída á axenda deportiva máis estival cun programa con citas ineludibles entre as que se encuentrabn: O V Open de Xadrez “Vila de Baiona” o 1 de xullo; A XIII Travesía a nado, prevista para o 9 de xullo; o VIII Tríatlon Popular —Semi Indoor— Vila de Baiona, o 15 de xullo; a XIV Subida Cicloturista da Groba, o 22 de xullo, ou o XXII Torneo de Volei Praia, previsto para o 29 deste mes.
Un menú deportivo completo do que gozar do deporte e dos seus múltiples beneficios rodeados da mellor das contornas, o municipio de Baiona, que no mes de agosto traerá ao calendario baionés probas de renome na localidade.
En concreto, o venres 4 de agosto, o porto pesqueiro acollerá a partir das 17 horas a Regata de Gamelas “Vila de Baiona”. O domingo 20 de agosto celebrarase a carreira pedestre popular “Andar e Correr”, un evento imprescindible que se consolidou no calendario de carreiras populares da vila. Unha carreira que terá como epicentro de saída das distintas categorías o parque de “A Palma” e que no seu tramo máis longo transcorre polo Camiño Portugués pola Costa nun percorrido de 10 quilómetros, onde os atletas pasarán por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima TrinIdade, Santa Liberata, a subida de San Antón, Baredo para regresar polo Rompeolas ao emblemático parque baionés.
Tamén volven os clásicos torneos de verán ao Parque de “A Palma”. Así o 11 e 12 de agosto disputarase o XXVI Torneo Basket 3×3 durante todo o día, unha oportunidade para poder gozar do bo baloncesto. O 15 de agosto, o Torneo de Fútbol 11 “Vila de Baiona” Senior Masculino e Veteranos do Erizana C.F. O venres, 18 de agosto, o porto pesqueiro acollerá o XVIII Torneo de Pesca Infantil a partir 17 horas. A final de mes, o 25 e o 26 de agosto o Torneo de Fútbol sala “Vila de Baiona” do Baíña F.S. Tamén o sábado 26 de agosto, a praia Ribeira acollerá a partir das 10 horas o Torneo de Pas Praia.
O mes de Setembro Baiona poderase gozar da Vela co XXXVIII Trofeo “Príncipe de Asturias”, do 1 ao 3 de setembro, e do 17 ao 23 de setembro, o Campionato do Mundo de J80 no Monte Real Club de Iates.
Xa no mes de outubro terá lugar o novo comezo das Escolas Deportivas Municipais de Inverno e o 29 de outubro terá lugar a X Trail de Montaña Trans Serra da Groba 2023.
Tanto o alcalde, Carlos Gómez Prado, como a concelleira de Deportes, Andrea Pérez González, mostran o seu agradecimento ás moitas entidades privadas e públicas que colaboran cos distintos eventos, xa que grazas aos seus importantes apoios é posible a organización dos mesmos. E como non podía ser doutra maneira, aos técnicos municipais que fan posible toda a programación.
“ O deporte é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende coa organización destes eventos é diversificar a oferta deportiva con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do ano”, expón o rexedor Gómez Prado.
Os eventos están pensados para gozar da contorna de Baiona e o gran potencial que ofrecen os distintos emprazamentos da vila, idóneos para a práctica deportiva e supoñendo unha posta en valor dos distintos espazos da localidade.
CAMPUS DEPORTIVOS “LA CAIXA”
O Concello de Baiona a través da concellería de Deportes en colaboración coa entidade financeira “La Caixa” e cos clubs deportivos da vila tamén deseñou un amplo e variado programa deportivo, no que destaca dunha maneira especial a oferta deportiva orientada aos campus deportivos. Ofrécense un gran número de modalidades deportivas para o goce dos máis novos do municipio.
Outras citas deportivas que pasarán pola Vila:
O 3 de xuño pasará pola Vila o Campionato Galego de Ciclismo; O 10 de xuño celebrarase o Campionato Galego de Cruceiros e J80 A2 Trofeo MRW no Monte Real Club de Iates; e o III Roteiro Rías Baixas, do 3 ao 7 de xullo do Monte Real Club de Iates.
Inscricións
Todas aquelas persoas interesadas en participar nas diferentes probas deportivas deberán facer a correspondente inscrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de: deportes@baiona.gal
Toda a información e os boletíns oficiáis de inscripción están dispoñibles na Área de Deportes da páxina web municipal do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/
APP “Baiona co Deporte”
A App “Baiona co Deporte” permite gozar das citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura. Ademais de ofertar un alternativa de deporte segura, todos estes eventos terán un compoñente solidario xa que todos os Quilómetros que realizan todas as persoas que participen nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”.
As persoas interesadas en participar en cada un dos evento poderano facer a través desta aplicación para a que tan só é necesario descargarse a App “Baiona co Deporte” e empezar a sumar Quilómetros, xa sexa correndo, andando, nadando…
O obxectivo da creación da APP “Baiona co deporte” é a organización destes eventos tan singulares da axenda deportiva baionesa de forma segura xa que non se poñen límites para participar, unicamente ter ganas de practicar deporte.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal