Este domingo día 8 de Xullo a partir das 11:00 horas, desde a Praia da Ladeira, o Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes, organiza a XIII Travesía a nado Concello de Baiona “GRAN PREMIO EURORED”.
A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizásense por sexos:
• sub 12- 100 Metros (Nados 2.010-2014) – horario; 11.00 h.
• sub 16 – 500 Metros (Nados 2.006 – 2009) horario; 11.15 h.
• Adultos (2006– 1982) e veteranos (antes 1981) – 2.000 metros; 11.30 h.
Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e as categorías establecidas son; Sub 12, Sub 16, adultos e veteranos, establécese tamén clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamientos a todos os participantes a través dos nosos patrocinadores e colaboradores; Coca cola, Area, Carrefour, A Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, protección Civil, Zafire Ladeira, e Portos de Galicia.
O prazo de inscrición finaliza mañá.
Para formalizar as inscricións deberán realizarse a través da plataforma informática de www.championchipnorte.com ou de deportes@baiona.gal
Establécense o teléfono de información do Pavillón Municipal de deportes: 986 35 65 58
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal