A Concellería de Deportes do Concello de Baiona celebra mañá o X Trail Trans Serra da Groba. Un total de 400 persoas participarán nos dous tipos de proba: No Trailiño, de 15 Km, 300, e no Trail, de 31 Km, 100, cun itinerario que percorre os monte da “Serra da Groba”, utilizando pistas forestais, carreiros tradiconales e tramos de asfalto á saída e á chegada a meta.
Desde o Concello de Baiona queren “dar as grazas ao Club Atletismo de Baiona e a todas as persoas voluntarias que colaboraron realizando diferentes labores de limpeza naquelas zonas do noso monte polas que pasan as dúas probas. Grazas a tod@s polo voso compromiso con esta singular proba que este ano cumpre o seu ´décimo aniversario, sen o traballo de todos non sería posible chegar ata aquí”.
A proba de Trail estivo aberto á participación de todas as persoas deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). No caso da proba Trailiño poderán participar as persoas deportistas que teñan cumpridos 16 anos o día da proba, a condición de que conten coa autorización dos seus pais ou titores.
ENTREGA DE DORSAIS
A entrega de dorsais de realizará no Pavillón Municipal de Deportes situado na rúa Dolores Agrelo, s/n, onde estará situada a saída e a meta das probas, desde as 17:00 ata as 21:00 horas de hoxe, venres 27 de outubro, e mañá sábado día 28 de outubro (día da carreira) desde as 7:00 ata as 10:00h da mañá.
SAÍDAS
O Trail arrincará ás 08:30 da mañá, mentres que o Trailiño farao ás 10:00horas, ambas as probas con saída desde o Pavillón de Deportes de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal