O Auditorio Municipal de Baiona acolleu o Acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2020/2021 “Baiona co Deporte”.
O Concello de Baiona, a través da Concejalia de Deportes, quixo render tributo ao deporte, “nos anos máis duros para o deporte”, en palabras do alcalde, Carlos Gómez Prado.
Un evento no que se recoñeceu os logros cultivados en 2020 e 2021 polos atletas locais como “un auténtico exemplo de superación e orgullo para o resto dos baioneses e baionesas”.
Este acto idouse coa intención de converterse nunha homenaxe colectiva do Concello de Baiona ofrecendo todo o seu apoio a uns e unhas deportistas seriamente afectados polos continuos peches decretados pola Xunta de Galicia para tratar de controlar as sucesivas ondas que se produciron ao longo do tempo. A vida dos deportistas foi especialmente dura, porque durante o confinamento tiveron que interromper os adestramentos e despois víronse obrigados a adaptalos aos protocolos de seguridade sanitaria.
Nesta cerimonia tamén se fixo entrega dos premios aos gañadores e gañadores de que participaron nas citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura a través da App “Baiona co Deporte”. Este ano a XII Subida Á Groba; XI Travesía a nado; 36ª Carreira Pedestre “Andar e Correr” e o VII Tríatlon Solidario Baiona, disputáronse de forma semi virtual para que os veciños e veciñas interesados puidesen participar en cada unha das probas.
Desde o Concello de Baiona trabállase na promoción de hábitos que conduzan á práctica regular de deporte. A celebración deste acto de recoñecemento ao mérito deportivo e a posta en marcha da aplicación “Baiona co Deporte” é unha acción máis coa que se pretendeu honrar aos deportistas e todas esas persoas, organismos e institucións que fixeron e fan posible co seu patrocinio e traballo desinteresado que Baiona sexa un referente en materia deportiva.
Ademais de ofertar un alternativa de deporte segura, todos estes eventos tiveron un compoñente solidario xa que todos os Quilómetros que realizaron todas as persoas participantes nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”, polo que o acto tamén serviu para facer a entrega efectiva destes donativos á ONG local. O rexedor tivo unhas palabras de agradecemento para a presidenta da ONG baionesa, Juana Alonso: “Grazas Juani, polo teu labor incondicional á fronte desta Organización sen Ánimo de Lucro”.
Desde o Concello tamén se quixo ter un recoñecemento especial a distintas persoas a nivel individual e colectivos polo seu labor de fomento ao deporte municipal. Entre elas atópanse: Carlos Pereira (ex porteiro profesional de fútbol, Pepe Costas (A Voz do Pobo), Carlos Barreiro “ Buka”, Escola Adaptada de Vela WRCY Baiona, José Manuel Conde ou os voluntarios do deporte municipal recoñecemento do traballo deseinteresado que este ano se personifica na figura do falecido Marcos vasconcello, recoñecemento que hoxe recolleu a súa esposa Rita.
En canto aos recoñecemento ao mérito deportivo 2020-2021, atópanse: Marta Canella ( Basket); Daniel Pazo e Ainhoa Repazar (Atletismo); Iria Ludeña, Gustavo Ignacio López e Paula Cereijo (Piragüismo); David González, Anxo Uzal, Diego Otero, Cristian Suárez, Jesús Fajaco, Anxo Lomba, Pedro Míguez, Donis Fernández, Omar Rodríguez e Breixo Martínez e Lois Cabreira(Loita Olímpica, Club de Loita de Sabarís); Elena Avendaño (Hípica); Manuel Mo, Vicente Mo, Óscar Martínez, Branca Lago, Manuel Mo, María Rodríguez, Sabela Rodríguez, Lara Senra (Bolos, Club Estivada), Ignocencio Valverde (Bolos, Club Xunqueira); Gonzalo Pérez, Daniel Álvarez, Laureano Miniño, Xosé Sequeiros, Nicolás Míguez (Bolos, Club Baredo); Matias Rajo, Carlos Silva, Belén Rodríguez, Nerea Ferreira (Bolos, Club A Rega); José Ramón Martínez, Patricia García, Marley Millán, Kevin Durán, Ares Argibay, Alison Sánchez( Bolos, Club Portamean); Brais García e Adrián Rodríguez (Club de Bolos Urgal); Martín Carbó, Víctor-José Diogo, Iker Pazo, Xabier González, Nicolás Castro, Iago Vázquez, Xenxo Vásquez, Daniel González, Dylan Estévez, Lois Giráldez, Pablo Pardo, Salvador Pérez e Nicolás Lafuente(Fútbol, Erizana Club Fútbol);
Tanto o Alcalde como a Concelleira de Deportes queren agradecer ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que grazas ás súas importantes colaboracións foi posible a organización os mesmos.
“Moitas Felicidades a todos e todas os que subistes hoxe a este estrado. Como Alcalde de Baiona agradézovos a vosa dedicación e esforzo porque sen ningunha dúbida rendunda e redundará tanto nos vosos propios éxitos como no de Baiona como pobo. Para finalizar quería agradecer e felicitar aos Concelleira de Deportes, Miriam Costas, a todo o seu equipo e ao persoal municipal implicado na preparación deste magnífico acto. Moitas Grazas a todos e todas”.
“Con estas mencións honoríficas e con estes recoñecementos ao mérito deportivo preténdese recoñecer a quen, dunha ou outra maneira, fixeron grande ao deporte baionés ao longo dos anos e especialmente durante o ano 2020 e 2021, os anos máis duros para o deporte. Así se distingue a quen desde o deporte fortalecen a localidade e a sociedade baionesa, e aínda máis neste período de pandemia no que a actividade deportiva resulta fundamental”, concluíu o rexedor.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal