A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Danza que se está a celebrar durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes
Entre as modalidades ofertadas no mes de xullo atópase o Campus de Danza cuxo corpo técnico está composto por tres membros da escola de baile “Galicia en Danza”. Tamén entre as modalidades ofertadas está o Campus de Tenis de Mesa “Coperfi” que tamén se está a levar a cabo durante esta semana no Pavillón Municipal. Neste caso, o corpo técnico que imparte o campus está formado por: Martín Pintos Barreiro, Adestrador de nivel 2 e xogador da Superdivisión e Liga Francesa N3; Viktoria Lebedeva, xogadora da selección rusa e xogadora de División de Honra Feminina e como sparrings hay xogadores e xogadoras da División de Honra Feminina e División Nacional.
A Concelleira de Deportes realizou unha visita a ambos campus deportivos ofertados polo Concello de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal