A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Xadrez. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de febreiro no Pavillón Municipal de Deportes dende ás 17:00h ata as 19:00h.
Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de incrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de: deportes@baiona.gal
A data límite de incrición é o 22 de febreiro.
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e cercano, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non cometitiva de xadez, tanto con partidas ao xogo clásico, coma con xogos alternativos coas pezas e taboleiros de xadrez (pasapezas, comepezas, xaquegana e maisún). Tamén farase unha breve introducción a aquelas variantes do xogo que non sexan coñecidas polas persoas participantes.
A continuación, pode descargarse o boletín oficial de inscrición:
Boletín Oficial Inscrición Grupal Colexios
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal