A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, e o Concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, achegáronse a visitar ás persoas participantes e a coñecer de primeira man as impresións dos participantes na “Semana Verde 2023”.
Máis de cincuenta escolares baioneses participan nas actividades que durante tres días están a realizarse no Cámping da Ladeira.
As pequenas e os pequenos iniciaron gozaron de tres xornadas moi divertidas consistes en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa.
Así mesmo, onte iniciouse a campaña de fomento dos deportes náuticos “Semana Azul 2023” na Praia da Ladeira.
Entre as actividades que poderán gozar os escolares na “Semana Azul” atópase: a vela lixeira, surf, pádel surf, piragüismo, kite surf e windsurf. Unha oportunidade única para gozar do deporte, do mar e de Baiona.
Ambas as actividades son ofertadas pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona de forma gratuíta para os escolares do municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal