A segunda edición de “O Gran Camiño”, o novo formato da volta ciclista a Galicia que se disputará do 23 ao 26 de febreiro en catro etapas, unha por provincia, atravesará Baiona o vindeiro venres día 24 ao mediodía.
Os baioneses e baionesas poderán gozar do paso deste gran escaparate do ciclismo na súa marcha pola nosa vila, atravesando a súa travesía litoral desde Santa Cristina da Ramallosa en dirección Baredo para seguir pola PO-552 ata a saída cara a Oia.
Corte de tráfico da PO-552 pola volta ciclista a Galicia cruzará
Baiona o venres 24 ao mediodía
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, foi informada pola organización dos horarios de paso e as necesidades loxísticas e preparou dispositivos especiais que inclúen o peche da circulación rodada desde a súa chegada por Ramallosa a través da PO-552 ata a saída cara a Oia. O corte efectivo absoluto do tráfico realizarase ao pase de carreira previsto entras as 13:45h e 14:15h.
Garantirase a seguridade viaria nos medios necesarios para realizar a cápsula de seguridade en colaboración entre a Policía Local do Concello de Baiona, a agrupación de tráfico da Garda Civil e o persoal habilitado de Protección Civil.