Esta mañá tivo lugar a presentación da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor adaptouse á época COVID. Desde o Concello de Baiona, encargado de organizar esta edición, ideouse unha fórmula semi virtual para que os veciños e veciñas interesados poidan participar na proba de forma segura.
Con esta iniciativa, quérese seguir fiel á tradición e continuar fomentando o uso de da bicicleta e esta práctica deportiva polo que se organizou unha festa virtual que se prolongará desde o 1 de maio até o 17 de maio, data tradicional na que viña celebrando a festa até o ano pasado que se viu obrigada á súa suspensión debido á crise sanitaria derivada do Covid-19 e ao estado de alarma vixente.
O Concello de Baiona e o de Gondomar animan a todas as persoas afeccionadas ao deporte do pedal a que participen neste evento no que as persoas interesadas en participar deberán descargar nos seus dispositivos móbiles a aplicación saudeter, totalmente gratuíta. As inscricións serán igualmente gratuítas e virtuais. A realización do percorrido será libre: onde e cando se queira pero garantindo cumprir con exactitude o regulamento deseñado para a proba, así como os protocolos COVID vixentes no momento de realización da proba.
Para incentivar a participación o día 18 de maio ás 12.00 h, efectuarase en Baiona, o sorteo de dúas bicicletas, unha por cada un dos concellos colaboradores. Tamén todos os amantes do deporte das dúas rodas, tanto pequeno como adultos, que participen na XXXI Festa dá Bicicleta, recibirán, pola súa participación, o diploma acreditativo desta edición tan especial de 2021.
“Nesta edición o COVID impídenos saír ás rúas do Val Miñor de forma masiva para gozar da bicicleta e reivindicar o seu uso, tanto para a práctica deportiva como para os desprazamentos. Por iso deseñamos esta edición semi virtual para celebralo dunha forma segura ”, explica o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.
“O obxectivo da organización deste evento tan singular non é outro máis que fomentar a práctica deportiva de toda a cidadanía de forma segura xa que non se pon límites para participar, unicamente ter ganas de pedalear, levar casco, e por suposto, será obrigatorio o uso da máscara, manter as necesarias distancias de seguridade que marcan os protocolos COVID, para gozar dun momento de lecer e diversión en familia, percorrendo as rúas, paseos, montes ou mesmo a túa propia parcela ou calquera outro espazo de Baiona ou Gondomar que permita realizar a proba ”, conclúe.
Ambos concellos animan a todas a cuidadanía a partici par neste evento que se desenvolverá desde as 00:00 h do día 1 de maio e até as 24:00 h do día 17 de maio. Os interesados terán eses 17 días para inscribirse e realizar os percorridos pertinentes. Podrán realizar a proba en calquera momento entre ambas as datas, buscando o percorrido e horario que mellor se axuste ás súas condicións. Será obrigatorio o uso de casco e máscara para realizalo, mantendo as necesarias distancias de seguridade que marcan os protocolos COVID.
En canto ás inscricións, unha vez descargada a app accederase á mesma á apartado “Festa da Bicicleta do Val Miñor” podendo elixir a distancia do percorrido e o concello por o que desexan participar (Gondomar ou Baiona). A elección da modalidade según o municipio é totalmente libre, sen prexuízo do lugar de residencia. Só permítese unha única inscrición por parte del as persoas interesadea s.Optando así a un sorteo dunha bicicleta en función do Concello seleccionado. Para formalizar a inscrición, deberán cubrirse os formularios solicitados desde a aplicación, que cumpren as normativas referentes á protección de datos. Estipularase un máximo de participantes por c oncello, sendo o único requisito exixible a orde cronolóxica de inscrición.
A aplicación poderá descargarse accedendo á páxina www.saudeter.com e a través da App Store ( Apple) ou Google Play Store (Android), escribindo na barra de procura saudeter.
Se establece un percorrido mínimo de 10 km para os maiores de 7 anos e 4 km para os menores de 7 anos. De face a facilitar ao máximo a participación, o itinerario destes percorridos será totalmente libre, tendo como único deber o cumprimento da distancia mínima estipulada (10 km e 4 km segundo a idade).
Unha vez alcanzada a distancia mínima esixida, desde a propia aplicación saudeter poderase sacar un diploma acreditativo (nome do participante, distancia feita e tempo). Tamén quen así o desexe poderá obter un recordo desta especial edición sacándose unha foto practicando deporte.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal