
Baiona contará proximamente cunha nova proposta deportiva centrada no boxeo, dirixida a persoas de todas as idades e niveis. A iniciativa está organizada por SKT Fighters e contará coa colaboración do Concello de Baiona.
Como parte do lanzamento, realizaranse dúas xornadas de iniciación gratuitas os días 22 e 29 de abril, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de coñecer de primeira man esta disciplina deportiva, mellorar a súa condición física e aprender nocións básicas de técnica.
As clases serán impartidas polo adestrador Angello Vásquez, quen estará a cargo das sesións achegando a súa experiencia no ámbito do boxeo.
As actividades terán lugar no Pavillón Municipal de Baiona, en horario de 18:15 a 19:15.
Desde a organización destacan que o obxectivo principal é fomentar o deporte, a disciplina e hábitos de vida saudables, alén de achegar o boxeo a todo tipo de público, incluido tanto homes como mulleres.
As persoas interesadas poderán acudir directamente ás xornadas de proba ou solicitar máis información a través do teléfono 603 774 267.
Esta iniciativa reforza a aposta polo deporte no municipio e amplía a oferta de actividades dispoñibles para a cidadanía.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal





