Baiona prepárase para celebrar a 38º edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr”, a gran cita deportiva do ano. A proba organizada pola Concellería de Deportes disputarase este domingo 20 de agosto. Un evento imprescindible consolidado no calendario das carreiras populares. A proba que terá como lugar central das distintas categorías o Parque da Palma a partir das 10:00h e que no seu percorrido máis longo de 10 Quilómetros transcorre polo Camiño Portugués pola Costa con saída e chegada no parque baionés. Os corredores e corredoras pasarán por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, a subida de San Antón, o miradoiro de Baredo, para regresar polo Rompeolas ao emblemático parque baionés.
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, deseñou un plan especial de tráfico para este día. Procederase ao corte puntual da circulación do tráfico na PO-552 no momento da saída da carreira, prevista para as 11:00 horas, dando cobertura de forma dinámica na seguridade viaria ao seu paso polo Centro histórico da Villa, Santa Liberata, Covaterreña, San Antón e Baredo. Unha vez transcorrido o percorrido por Baredo, os e as atletas se incorporán á PO-552 ao carril bici á altura da rotonda de Rocamar, habilitado para tal fin.
Ante os cortes puntuais de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira, recoméndase que os accesos ao centro urbano se efectuén utilizando a circunvalación, que conecta directamente coa zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, “convida a gozar dunha xornada de lecer para toda a familia” e sinala que “desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar, atraendo ata o municipio a un gran número de deportistas e persoas que os acompañan, que se desprazarán ata Baiona para gozar desta tradicional proba deportiva”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal