
O Monte Real Club de Iates e a Confraría de Pescadores “A Anunciada” volverán sumar o seu apoio ao evento.
O próximo 6 de xuño, as augas de Cabo Silleiro en Baiona, albergará o 8° Open Social de pesca submarina Villa de Baiona, será aberto a deportistas Fegas e Fedas, que queiran compartir unha mañá de pesca submarina.
Como cada ano, o formato do campionato será individual con saída desde terra. Cunha duración de 5 horas e onde se aplicará o regulamento vixente para os campionatos galegos de pesca submarina e como en anteriores edicións, as capturas serán doadas á organización “Axuda ao mundo necesitado” en Baiona.
Desde o Concello de Baiona valoramos positivamente iniciativas como a que outro ano máis organizamos conxuntamente co club Pérez Sub, unha entidade que mira ao mar e á pesca submarina con accións respectuosas como veñen demostrando en todas as súas actuacións co medio mariño e a sustentabilidade.
Concello de Baiona





