
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, recibiron esta mañá á deportista Iria Ludeña que representará a España no Mundial de Dragón Boat, que se celebrará na cidade chinesa de Hangzhou, entre os días 30 de setembro e 3 de outubro.
A embarcación composta por unha tripulación combinada de varios clubs nacionais, entre eles o Club Kaiak Tudense entre os que se atopaba Ludeña, alzouse campioa nas dúas distancias que disputaban, tanto en 200 como en 500 metros, conseguindo a única praza que dá dereito a disputar o Mundial representando a España.
Os edís recibiron á padeeira no Concello de Baiona e fixéronlle entrega dun agasallo para felicitala pola súa vitoria e para que o levase consigo ao mundial. Tamén aproveitaron a ocasión para felicitala polos seus innumerables éxitos cultivados ao longo da súa carreira deportiva.
Concello de Baiona





