O vindeiro luns, 19 de xullo, arrinca o campus de Fútbol sala patrocinado pola Caixa e organizado polo Concello de Baiona en colaboración con e l Baiña fútbol sala.
Seguen os campus con normalidade e o de fútbol sala xa conta con medio centenar de nenos apuntados.
O campus está outro ano máis dirixido por Santi Rodríguez ( técnico superior de fútbol sala/nivel III) e contará con dous xogadores do club local como son Guille Balboa e o porteiro Pedro Grandal. Ademais tamén contará con diversos adestradores de Tui e Verín. Contaremos coa visita do David Rial, ex adestrador do Lobelle futbol salga.
O campus conta cun taller de inglés, que inclúe actividades de técnica impartida por un monitor bilingüe.
O prezo inclúe a merenda, o seguro , a camiseta e o pantalón de agasallo.
Ademais da Caixa, colaboran como patrocinadores do campus Eroski Baiona e Froitas Vilar de Sabarís.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse ao campus poderán formular matricúlalas entregando o formulario de inscrición, dispoñible na páxina web municipal www.baiona.gal, cuberto nas oficinas de Deportes situadas no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 9.00 a 14.00 ou de 18.00 a 21.00 h, tamén se dispón de teléfono de información T: 986.356.558 ou a través do e-mail: deportes@baiona.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal