O sábado 1 de xullo a Vila de Baiona acolleu dous eventos deportivos con gran participación.
Ás 10h, tivo lugar o V Open de Xadrez Vila de Baiona nos xardíns da Casa da navegación, no casco vello. Houbo tres categorías Sub10, Sub14 e Sub16.
Así mesmo, o campo do fútbol Aral acollleu tamén este sábado as finais do campionato galego do torneo da Globall Challenge Cup 2023, no cal colaborou, como todos os anos, o Concello de Baiona.
Esta liga “amateur” de fútbol conta con varios equipos pertencentes á Coruña, Santiago e Ferrol. O vencedor desta proba presentarase ao campionato nacional que se celebrará en Noja (Cantabria).
Houbo grandes premios para os equipos gañadores.
• Campión GloBall Finals 2023: Bonificación do 100% do custo das fichas deportivas (non seguro deportivo), para o torneo Apertura da seguinte tempada.
• Sub-Campión GloBall Finals 2023: Bonificación do 50% do custo das fichas deportivas (non seguro deportivo), para o torneo Apertura da seguinte tempada.
• Terceiro Clasificado GloBall Finals 2023: Bonificación do 25% do custo das fichas deportivas (non seguro deportivo), para o torneo Apertura da seguinte tempada.
• Cuarto Clasificado: Desconto do 25% en equipamento deportivo personalizado para 16 xogadores en Decathlon España]
• Resto de participantes GloBall Finals 2023: Desconto do 10 % en equipamento deportivo personalizado para 16 xogadores en Decathlon España]
A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, acudiu a entrega de premios de ambas competicións.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal