O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do primeiro Trofeo Balonmán Reconquista onde estiveron presentes a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, o Delegado Provincial da Secretaría Xeral de Deportes de Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o Vicepresidente do Clube de Balonmán Reconquista de Vigo, Jose Rial.
O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona é o lugar elixido para disputar na tarde de mañá, sábado día 2 de setembro, dos encontros e disfrutar do balonmán dende 17:30 ata ás 19:30h. Disputarase a categoría de bronce nacional entre os equipos: Reconquista de Vigo; Xira Carballo e Balónmán Ribiero.
Asimesmo, esta misma tarde, os amantes deste deporte poderán disfrutar dunha xornada do partido da categoría plata nacional a partir das 21:00h no pabellón municipal cun encontro entre o AT. NOVAS – CISNE.
Dende a Concellería de Deportes de Concello de Baiona invítase a veciñanza a gozar destas xornadas gratuítas de balonmán.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal