
A marcha nórdica é unha actividade fantástica para coidar a túa saúde, xa que mellora a circulación, fortalece o corazón, reduce a presión arterial, axuda ás articulacións, combate a mala postura e mellora o estado de ánimo entre outras calidades positivas para o organismo.
O vindeiro venres 30 de maio ás 11:30 desde o pavillón municipal pechamos a tempada de marcha nórdica cun roteiro especial.
Desde o Concello de Baiona convidámosvos a unirvos a esta actividade, que durará aproximadamente dúas horas e media. Despois, compartiremos unha xornada de convivencia en Chan dá Lagoa con xogos e actividades, só lembra que debes levar o teu propio avituallamento.
Inscrición gratuíta no pavillón de deportes municipal, no número 986356568 ou en deportes@baiona.gal ata o 29 de maio.
Concello de Baiona





