
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, tivo o pracer de asistir esta fin de semana á tradicional comida anual do Club de Birlos Medialdea Belesar-Baiona.
No evento compartiu conversación coas persoas que acudiron a desfrutar desta xornada no club social da entidade na parroquia baionesa de Belesar.
A práctica dos birlos celtas vai a máis, polo que o rexedor fixo entrega dun detalle por parte do Concello de Baiona para “dar as grazas ao club, que traballa para manter esta tradición”. O Alcalde, Jesus Vazquez Almuiña, aproveitou a ocasión para felicitar aos xogadores polo seu palmarés.
Para finalizar, o alcalde puxo en valor a tradición deste deporte que clubs que,como o de Medialdea, están a preservar co seu aficción aos birlos e os logros que están a alcanzar, non só a nivel galego, senón nacional. Tambien expresou a súa gratitude por que “na nosa vila existan clubs desta índole coa cal non só transmiten cultura senón que tamén levan o nome de Baiona alí onde se presentan”.
Concello de Baiona





